Nesta primeira etapa, iremos por un terreo con desniveis mínimos (se se segue o camiño marcado, non é común que suba de 2,5º de desnivel (o que significa que subiriamos ou baixariamos uns 27 metros e 77 centímetros cada kilómetro (como se pode ver, un desnivel pequeniño).

De feito, as altitudes mínima e máxima de toda a etapa son 700 e 741 metros, respectivamente.

A etapa ten tres partes principais. A primeira sería ata chegar á Ponte de Quintos, a segunda, de «Ponte de Quintos» a Faramontanos de Tábara (onde temos dúas opcións para facer o camiño, e de Faramontanos de Tábara a Tábara. Ao chegar a «Ponte de Quintos», o camiño orixinal segue por unha zona montañosa moi dificultosa, polo que, dependendo das circunstancias, suxírese seguir por estrada ata Faramontanos de Tábara.

Logo, dende entón, atopamos distintas pistas de terra bastante boas, aínda que tamén zonas de estrada.

Respecto da vexetación, hai zonas con abundante verde, en especial, preto do Río Esla e dos seus afluentes, abundando o bosque baixo, aínda que tamén haxa áreas importantes de arboredas e vexetación máis alta.

Servizos/Cultura/Monumentos

GRANJA DE MORERUELA

Servizos

En Granja de Moreruela atopamos Bares, Tendas, mesmo un Pub, e ata unha radio local. Tamén atopamos unha Farmacia e varios establecementos de alimentación, un dos cales é, ademáis, Estanco.  Tamén conta con albergue de peregrinos.

Tamén podemos atopar algunhas fontes de auga potable.

CULTURA

En Granja de Moreruela, atopamos o «Centro de Interpretación del Císter», museo histórico sobre a importante Orde monacal do Císter, tamén chamada «Cisterciense».

FARAMONTANOS DE TÁBARA

Faramontanos de Tábara conta con Carnicería, panadería, algún bar, algún restaurante e farmacia. Tamén atopamos dúas fontes de auga potable: unha, preto da Igrexa de San Martín (Obispo), e outra preto da estrada ZA-123.

Como vemos, nas poboacións desta etapa hai bastante surtido de establecementos cos que cubrir as nosas necesidades básicas.

 

TÁBARA

En Tábara atopamos cafeterías, dous supermercados, dous albergues, bares, perruquería, e mesmo un bar restaurante. Tamén podemos atopar unha clínica de fisioterapia e, por suposto, un centro de saúde.

Respecto aos eventos, hai mercado os sábados, según xentes do lugar /*(Graciñas, David)*/.

Pin It on Pinterest