Camino de invierno
invierno
PONFERRADA – BORRENES (21KM)
Saímos do castelo de Ponferrada. No cruceiro imos polo Camiño de Inverno. A etapa pasa por Toral de Merayo, Villalibre de la jurisdicción, Priaranza del Bierzo e Santalla. Alí hai un mirador. Despois hai unha forte subida a Villavieja e ao Castelo de Cornatel. Final en baixada ata chegar a Borrenes.
O BARCO – A RÚA (15KM)
Saímos do malecón no Barco de Valdeorras. Imos a carón do río Sil con fermosas paisaxes. Pouco despois chegamos a Vilamartín de Valdeorras. Despois continuamos por esta terra de viñedos ata chegar á Rúa. Polo seu casco histórico pasamos primeiro pola igrexa de San Roque e despois pola igrexa de Fontei. Nos arredores está a ponte de orixe romana da Cigarrosa.
A RÚA – QUIROGA (28 KM)
Saímos de A Rúa. No km7 chegamos a Albaredos. Despois pasamos por Montefurado onde está a igrexa de San Miguel. Saíndo en subida, vemos ao lonxe a pena furada polos romanos no río Sil. A etapa segue por Hermidón e Bendilló. Máis adiante pasamos polo castelo de Novaes e finalmente chegamos a Quiroga.
MONFORTE – DIOMONDI (23KM)
Saímos da torre da homenaxe en Monforte. Baixamos polo casco histórico e cruzamos o río Cabe pola ponte medieval. Continuamos á beira da estrada por A Vide, a igrexa de Moreda e polo pazo de O Reguengo. Uns tramos de camiño entre valados. Fin de etapa despois de pasar Cirdeiro na igrexa de Diomondi.
Lalín- Silleda (14 km)
Saímos da praza da igrexa de Lalín. Imos polo Paseo do río Pontiñas. Pasamos por Espiño e o Polígono industrial. Chegamos á Laxe e xunto do albergue o Camiño de Inverno encóntrase co Camiño Sanabrés. Seguimos por Bendoiro, Prado, e Ponte Taboada. Pasamos polo pazo de Trasfontao e chegamos a Silleda.