¿QUEN SOMOS?

Roteiros de Lalín e viarum dezae

Roteiros de Lalín e viarum dezae son un grupo de voluntariado aberto que xorde a partir dunha convocatoria pública realizada desde o Concello de Lalín. O obxectivo é dinamizar o enorme potencial existente para a realización de rutas e actividades no medio natural e ao mesmo tempo divulgar a importancia da conservación do medio ambiente e a preservación do patrimonio cultural con especial atención aos Camiños de Santiago. Actualmente Roteiros de Lalín é un club deportivo e viarum dezae é una asociación cultural que actúan de xeito coordinado.

A finalidade desta asociación é a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago e a difusión da cultura derivada deste o estudo e a divulgación dos Camiños de Santiago pola Comarca de Deza. Tamén a análise e a promoción dos recursos artísticos, históricos e culturais da zona por onde transcorren estas vías xacobeas.

Asociación de Empresari@s de Deza

A Asociación de Empresarios de Deza (AED) é unha organización independente e sen ánimo de lucro creada formalmente en 1993 co cometido principal de defender os intereses conxuntos dos seus afiliados.

Na actualidade, a AED agrupa a 342 empresarios e autónomos -na súa maioría procedentes dos seis concellos da Comarca de Deza- que desenvolven a súa actividade nun total de 25 subsectores, pertencendo a maioría deles ás áreas do comercio, a hostalaría, os servizos e a construción.

Entre os obxectivos xerais da AED destacan o favorecemento de entornos idóneos para mellorar a competitividade, a xeración de oportunidades de negocio entre os socios, o fomento e o desenvolvemento do tecido empresarial na comarca e o achegamento do mundo da empresa á comunidade na que participa.

Ademais, a AED tamén exerce a representación institucional do empresariado dezano en media ducia de colectivos sectoriais e profesionais: a Confederación de Empresarios de Galicia, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Federación Galega de Comercio, a Federación Provincial de Comercio de Pontevedra, a Federación Provincial de Hostalaría de Pontevedra e a Federación Galega de Transporte de Mercancías.

Pin It on Pinterest