O Camiño de Inverno en 14 etapas

Xaneiro 20, 2020

Descubrimos este camiño cun gran potencial e con moito futuro.

O Camiño de Inverno é una ruta de peregrinación a Santiago coa que se pretendía evitar o
tránsito dificultoso polo cumio nevado do Cebreiro. Dende Ponferrada pódese continuar polo
Camiño Francés ou desviarse á esquerda polo Camiño de Inverno que segue por unhas cotas
máis baixas do terreo seguindo o val do río Sil. Ten unha lonxitude de 260 quilómetros e
percorre as catro provincias galegas. Sae de Ponferrada e pasa por Puente de Domingo Flórez,
O Barco, A Rúa, Quiroga, Pobra de Brollón, Monforte, Chantada, Rodeiro e Lalín, onde conflúe
co Camiño Sanabrés no lugar de A Laxe. O peregrino pode disfrutar con tranquilidade da
beleza da paisaxe das diferentes comarcas polas que discorre que son as do Bierzo, Valdeorras,
a Ribeira Sacra e Deza. Este Camiño ten un enorme potencial e moitas posibilidades de
crecemento nos próximos anos e pode ser un importante elemento dinamizador das terras
polas que pasa.
O obxetivo da peregrinación que facemos por este camiño é múltiple. Dende logo o factor
espiritual, cultural e humano está sempre presente nun primeiro plano. Pero tamén queremos
darlle difusión aos múltiples encantos que ten este Camiño en forma de patrimonio, paisaxe e
gastronomía. Tratamos así de aportar un pequeno grao de area e sumarnos a labor xa feita por
varias Asociacións e colectivos a prol do Camiño de Inverno e con elo chamar a atención para
que se complete a rede de albergues e se realicen as actuacións necesarias para a súa
conservación e mellora.

Pin It on Pinterest