Gran éxito do video promocional da campaña “Deza, dous camiños, un destino”

Setembro 19, 2019

O audiovisual promociona as dúas rutas xacobeas que pasan pola Comarca de Deza e que teñen como punto de encontro o lugar de A Laxe.
A rodaxe extendeuse durante cinco xornadas e incluiu numerosas localizacións do Camiño de Inverno e da variante sanabresa da Vía da Prata dentro dos Concellos
de Rodeiro, Dozón, Lalín e Silleda na comarca de Deza, e con final en Santiago de Compostela. O obxectivo da producción é contribuir a divulgar e poñer en valor o
amplo patrimonio natural e arquitectónico do Camiño de Inverno e do Camiño Sanabrés remarcando a importancia da nosas rutas xacobeas coma bens culturais
de gran relevancia e tamén o valor espiritual e humanístico das mesmas.

A Asociación de Empresarios de Deza xunto coa Asociación Amigos do Camiño de Santiago Lalín-Deza e Roteiros de Lalín producen este audiovisual que está
protagonizado por tres actrices voluntarias -Beatriz Canda, Isabel Crespo e Josefina Carpinteiro- que son participantes das andainas que se están a facer polo
Camiño de Inverno, e tamén por un actor voluntario –José Luis Rodríguez-. O realizador lalinense Fernando García, socio do estudio creativo No majors, dirixe o
proxecto.

Este traballo presentouse o día 6 de setembro, previamente á Conferencia-coloquio que impartiu Aída Menéndez sobre o Camiño de Inverno nas instalacións da
Asociación de Empresarios de Deza. A difusión a través das redes sociais tivo una aplísima repercusión e un forte impacto. As cifras neste momento son as de máis
de 35.000 persoas alcanzadas, máis de 15.000 visualizacións e foi compartido máis de 370 veces. O video foi divulgado tamén polos perfís en redes sociais de
institucións como o Concello de Lalín, o Concello de Silleda, Turismo Rías Baixas e Camino Xacobeo entre outros.

Pin It on Pinterest