DEZA, DOUS CAMIÑOS, UN DESTINO

Setembro 19, 2019

Este proxecto colaborativo nace da suma de esforzos entre a Asociación Amigos do Camiño de Santiago Lalín-Deza, Roteiros de Lalín e a Asociación de Empresarios de Deza, e conta coa colaboración de Daniel González Alén e de Promove entre outros. As actividades foron presentadas aos Concellos de Lalín, Silleda, Rodeiro e Dozón para buscar tamén a súa implicación. Consta de seis actuacións que consisten na realización do Camiño de Inverno en catorce etapas, a elaboración de dous folletos informativos sobre os nosos Camiños de Santiago, a creación dunha revista dixital e impresa, a organización de tres conferencias, una campaña de colaboración coa hostalaría e na promoción das nosas rutas xacobeas nos eventos aos que se poida asistir. A nosa proposta participou na convocatoria de axudas da Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo á que se presentaron 650 proxectos de toda Galicia e dos que 325 foron seleccionados e entre eles o noso. As actividades comezaron a desenvolverse o día 30 de xuño de 2019 e finalizarán no mes de abril de 2020.

Pin It on Pinterest