AÍDA MENÉNDEZ PRESENTOU EN LALÍN A SEGUNDA EDICIÓN DA GUÍA DO CAMIÑO DE INVERNO

Decembro 20, 2016
O investigador Daniel González Alén destacou o seu labor a prol deste Camiño

O venres día 6 de setembro, atendendo a nosa petición, Aída Menéndez acudiu a Lalín a presentar a segunda edición da guía do Camiño de Inverno. A
autora actualiza e complementa este traballo que apareceu por primeira vez no ano 2013. Entre as principais melloras que se incorporan está a inclusión dos
novos albergues e unha mellora dos mapas, que se presentan dun xeito máis funcional, para que o lector visualice cómodamente toda a información
necesaria.
Na súa intervención Aída, que procede do mundo do ensino, transmitiu coma sempre toda a súa enerxía e ilusión polo Camiño de Inverno que seguen
intactas despois de vinte anos de esforzo para a consolidación desta ruta xacobea. Tamén remarcou a importancia non só da descrición física do
itinerario, senón tamén da aportación de datos históricos e patrimoniais.
A conferencia fixo un percorrido polo pasado, polo presente e polo futuro deste Camiño que pasa polas catro provincias galegas. Foi no ano 1999, cando Aída
Menéndez desempeñaba o seu labor como Concelleira de Cultura no Concello de Monforte, o momento no que se encargou o primeiro estudio de
investigación sobre o Camiño a Santiago pola Ribeira Sacra. Despois creouse unha a Asociación e dende ela promovéronse múltiples iniciativas a xeito de
congresos, xornadas anuais, publicacións en todos os soportes, encontros con autoridades, andainas, colocación de sinaléctica e sobre todo una gran suma
de esforzos de todas as comarcas e de moitas persoas que cristalizaron co recoñecemento oficial do Camiño de Inverno na Lei de Patrimonio Cultural de
Galicia no ano 2016.
Entre as propostas para o futuro do Camiño de Inverno, Aída Menéndez mencionou a necesidade de mellora das infraestructuras e que se consolide
una rede de albergues, así como a dinamización dos elementos patrimoniais e que se continúe coa promoción e a labor investigadora.

Pin It on Pinterest