Partes da etapa.

Esta etapa ten tres partes: A primeira e a terceira son comúns, e a segunda ten dúas alternativas para ir: Por Bercianos de Valverde, como camiño oficial e por Villanueva de las Peras como alternativa.

Percorrido e particularidades da etapa.

A elección podería depender da necesidade do uso de servizos que teñamos, porque en Bercianos de Valverde non atopamos prácticamente servizos, mentras que en Villanueva de las Peras atoparemos Bar, Restaurante, e mesmo un albergue.

A posible sequía de servizos remata ao chegar ao punto no que converxen de novo ambas alternativas: Santa Croya de Tera. Alí atoparemos dous bares, unha sucursal bancaria , unha Farmacia, un albergue privado, Área de autocaravanas , Piscina fluvial e, mesmo, un campo de fútbol de cemento.

Por outra banda, esta etapa ten algo máis de desnivel. Como alternativa, hai recursos en internet que sinalan coma final desta etapa á propia Santa Croya de Tera.

En Santa Marta de Tera, atopamos tenda de froitas e verduras, bar, restaurante, centro médico e albergue, sendo esta localidade a fin desta etapa.

Pin It on Pinterest