Saese de Santa Marta de Tera, para continuar por Camarzana de Tera, cabeza de municipio del mismo nombre. Luego, proseguiremos hacia Calzadilla de Tera, cabeza también de municipio, y por su pedanía Olleros de Tera, para, más tarde enfilar hacia Villar de Farfón, para finalmente llegar a Rionegro del Puente

SANTA MARTA DE TERA

En Santa Marta de Tera só se conta cun Centro Médico (Consultorio de Atención Primaria da Junta de Castilla y León ) , e un albergue de peregrinos.

En canto a monumentos, contamos coa Igrexa de Santa Marta de Tera.

CAMARZANA DE TERA

Aquí atopamos servizos públicos como:

  • Garda Civil
  • Centro de Saúde
  • Centro Sociocultural
  • Buzón de Correos

E servizos comerciais como:

  • Farmacia
  • Hotel
  • Restaurante Bar
  • Banco
  • Supermercados

Como vemos, nesta localidade temos unha grande cantidade de servizos, polo que deberemos aproveitar algúns dos mesmos por se máis adiante non os atopamos.

QUE VER

Respecto a que ver, en Camarzana de Tera atopamos a chamada Vila Romana de Orpheus, vila señorial do Baixo Imperio Romano descuberta no século XIX, mais con excavacións completadas en 2018, onde se descubriron máis mosaicos desa época.

A visita a esta Vila podería ser algo bastante recomendada.

Tamén podemos atopar unha Igrexa e unha ermita na localidade.

CALZADILLA DE TERA

En Calzadilla de Tera podemos atopar servizos de aloxamento como a Casa do Vento , onde sentirse fóra da loucura de ruxido común do día a día, ou farmacia como a de Sagrario Feo Hernández, unha tenda como La tiendita .

MONUMENTOS E PARAXES NATURAIS

En canto a paraxes naturais, atopamos unha lagoa nas proximidades do pobo.

En canto a monumentos, tanto atopamos algúns adicados á mobilidade e ao camiñar, como o Miliario Romano da Vía Romana XVII, como unha moderna Poste da Vía Romana XVII, cunha construción en forma de pozo ao seu carón.

Tamén atopamos algún que non é máis que obxectos públicos que nos mostran o día a día de xentes de hai séculos coma un lavadoiro e un pozo antigos, un a carón do outro. Pozo co que se extraería a auga a empregar no lavadoiro, e, de ser potable, para beber, máis en verán xa que, mentres se frota para lavar, ese esforzo pide ben un vaso de auga ben fresquiña.

OLLEROS DE TERA

SERVIZOS

Pola súa parte, Olleros de Tera, como pedanía serve de complemento aos servizos da súa capital municipal (Calzadilla de tera) ao contar cun Bar-Restaurante (El Torero) e un Bar-Albergue (La Trucha)

MONUMENTOS

Olleros, neste caso, conta coa Igrexa de San Miguel (posiblemente do s.XIX e reformada), e coa ermita de Nosa Señora de Agabanzal (que unha lenda sitúa na mesma época que a antedita igrexa).

VILLAR DE FARFÓN

En Villar de Farfón atopamos un famoso albergue chamado Roboboth, no que a sensación de vivir en plena natureza e en pleno campo farase máis patente, cun gusto interesante.

Por outra banda, no apartado de monumentos atopamos a Igrexa de San Pedro.

RIONEGRO DEL PUENTE

Aínda que hai sitios na rede e outras persoas que opinan que a finalización desta etapa, debería darse en Mombuey, sen ter chegado a tal lugar, dados os servizos que ten esta poboación, non é de estranar que se escolla coma fin de etapa.

Aquí atoparemos unha fonte pública de auga potable que nos virá ben para sacia-la sede sen gastar diñeiro, logo tamén dispomos do albergue de peregrinos Virgen de la Carballeda.

Por outra banda, dispomos de dous restaurantes: o Palacios, que ten, con todo, bastantes boas reseñas, aínda que algunha que outra negativa e logo o Me Gusta Comer.

Neste último caso, o Restaurante Me Gusta Comer, acumula moitas reseñas positivas tanto de persoas de paso facendo o camiño, como de persoas que semellan ir alí polo gusto de comer.

Dende aquí, non podemos nin recomendalo nin non facelo, mais, polo tenor do que se di en fontes sociais (google maps,etc.) como en blogs de persoas que fixeron o camiño, as reseñas deste local adoitan ser moi positivas.

 

Créditos da foto principal

Jassschii, CC BY-SA 3.0 <https://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0>, via Wikimedia Commons
Enderezo da páxina: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:20120408_Rionegro_del_Puente.jpg

Pin It on Pinterest